Este viño tinto xoven, con Denominación de Orixe Ribeira Sacra na subzona Ribeiras do Miño, está elaborado ao 100% con uva Mencía procedente de 4 hectáreas de viñedo propio. As parcelas, dispostas en socalcos sobre ladeiras con pendentes entre o 50% e o 70% e orientadas ao sur-sueste, medran en solos pouco profundos de textura franco-areosa, ricos en xistos e lousas disgregadas.
A vendima realízase de forma manual cunha coidadosa selección acio a acio. Tras o esmagado e despalillado, a fermentación desenvólvese en depósitos de aceiro inoxidable, con lévedos autóctonos e a temperaturas controladas entre 24 e 28 ºC. Durante este proceso lévanse a cabo dous remontados diarios de 30 minutos, acadando unha maceración de 3 a 4 semanas. A continuación complétase a fermentación maloláctica e procédese á estabilización tartárica en frío, rematando cunha filtración mediante terras de diatomeas.
O resultado é un viño brillante, de cor vermella granate con reflexos violáceos, moi varietal en nariz e cunha marcada expresión froiteira e floral, unha boa estrutura gustativa, equilibrado, carnoso, con taninos de fruta madura, que transmite toda a frescura e autenticidade do Mencía na Ribeira Sacra.