Distribuímos viños galegos auténticos, con garantía de calidade e procedencia, creados para acompañar momentos únicos e dar un toque de distinción a cada evento.
Dende "As sete portas dos camiños" achegamos á súa mesa a esencia das mellores adegas da Ribeira Sacra e do Ribeiro, dúas denominacións de orixe cunha longa tradición vitivinícola e elaboradas polos mellores colleiteiros de Galicia.
Cada viño que seleccionamos nace do coidado da terra e da paixón de viticultores que manteñen vivo un legado centenario. Son botellas que contan historias, perfectas para apreciar os esquisitos matices da súa procedencia.
Estes viños son embotellados con mimo e bo saber, tras un coidadoso proceso de elaboración, pensando en transmitir á mesa a esencia da uva, o clima propio da rexión e os matices que aporta a especial composición e orografía dos cultivos.
Este viño branco nace coa luz dourada do Ribeiro, vestíndose dunha cor amarelo palla con destelos verdes que lembran os primeiros días da primavera.
Os aromas, de intensidade media a alta, desprenden frescura e elegancia, con notas de froita branca como a mazá e a pera, que aportan unha personalidade limpa e vibrante.
En boca destaca por unha entrada suave, cun volume equilibrado que enche o padal de harmonía. O paso resulta gustoso, estruturado e cunha textura agradable que potencia o seu carácter.
O final, longo e persistente, deixa unha sensación pracerosa que invita a repetir e fai deste viño unha elección perfecta para quen busca frescura, autenticidade e elegancia nun destacado viño branco do Ribeiro.
Viños de paisaxe e territorio, elaborados tradicionalmente con sabias misturas de variedades autóctonas, cada unha delas aportando as súas peculiaridades para obter viños auténticos e xenuinos.
Posúen uns marcados rasgos atlánticos, frescos, finos e elegantes, matizados por unha suave influenza do clima mediterráneo. O característico factor de transición climática xunto coas orientacións e pendentes da viña, o uso e mezcla de variedades locais e o tipo de solo, marcan o estilo Ribeiro. Ademáis, a diferenciación dos tres vales (Avia, Miño e Arnoia) que compoñen a denominación de orixe, convirten ao Ribeiro en un mosaico da diversidade.
Este viño tinto con Denominación de Orixe Ribeira Sacra na subzona Ribeiras do Miño, está elaborado ao 100% con uva Mencía procedente de 4 hectáreas de viñedo propio. As parcelas, dispostas en socalcos sobre ladeiras con pendentes entre o 50% e o 70% e orientadas ao sur-sueste, medran en solos pouco profundos de textura franco-areosa, ricos en xistos e lousas disgregadas.
A vendima realízase de forma manual cunha coidadosa selección acio a acio. Tras o esmagado e despalillado, a fermentación desenvólvese en depósitos de aceiro inoxidable, con lévedos autóctonos e a temperaturas controladas. Durante este proceso lévanse a cabo dous remontados diarios de 30 minutos, acadando unha maceración de 3 a 4 semanas. A continuación complétase a fermentación maloláctica e procédese á estabilización tartárica en frío, rematando cunha filtración mediante terras de diatomeas.
O resultado é un viño brillante, de cor vermella granate con reflexos violáceos, moi varietal en nariz e cunha marcada expresión froiteira e floral, unha boa estrutura gustativa, equilibrado, carnoso, con taninos de fruta madura, que transmite toda a frescura e autenticidade do Mencía na Ribeira Sacra.
Estes viños prodúcense na Galicia interior, entre Lugo e Ourense. A paisaxe caracterízase por impresionantes canóns fluviais e viñedos en socalcos sobre solos graníticos e de lousa, que favorecen a drenaxe e a exposición ao sol. Conta cun microclima único con influencias atlánticas e mediterráneas, creado polo efecto termorregulador das ribeiras dos ríos Miño e Sil.
Elaboranse viños tintos xóvenes, afroitados e aromáticos, anque tamén se producen brancos de alta calidade, que son coñecidos polo seu carácter persoal.
Manuel Jenaro Suárez Camino
Arzúa - A Coruña - España