Distribuímos viños galegos auténticos, con garantía de calidade e procedencia, creados para acompañar momentos únicos e dar un toque de distinción a cada evento.
Dende "As sete portas dos camiños" achegamos á súa mesa a esencia das mellores adegas da Ribeira Sacra e do Ribeiro, dúas denominacións de orixe cunha longa tradición vitivinícola e elaboradas polos mellores colleiteiros de Galicia.
Cada viño que seleccionamos nace do coidado da terra e da paixón de viticultores que manteñen vivo un legado centenario. Son botellas que contan historias, perfectas para apreciar os esquisitos matices da súa procedencia.
Estes viños son embotellados con mimo e bo saber, tras un coidadoso proceso de elaboración, pensando en transmitir á mesa a esencia da uva, o clima propio da rexión e os matices que aporta a especial composición e orografía dos terreos de cultivo.
Manuel Jenaro Suárez Camino
Arzúa - A Coruña - España